Crónica xornada 08: A liga galega masculina chega ao ecuador da primeira volta con Irmandinhos como líderes invitos

A Liga Galega de Fútbol Gaélico chega á súa oitava xornada cos equipos da liga masculina superando na súa maior parte os 7 partidos xogados. A estas alturas da competición, as posicións na táboa vanse marcando.

Irmandinhos continúa como líder invito tras superar claramente aos Herdeiros no derbi Deza-Tabeirós. Estrela Vermelha (segundo clasificado) demostrou a súa condición de claro favorito contra os debutantes de Turonia aos que superaron sen complicacións. Pola súa banda, Auriense continúa demostrando o seu gran estado de forma nesta tempada e vence a Braithreachas nun fermoso e disputado partido. No derbi arousán “Dorna vs Mecos”, os da Illa fixéronse coa súa primeira vitoria en liga tras xogar un gran partido e Pontevedra vence aos Gaels nun encontro que se decidiu nos últimos minutos.

Na Liga feminina, Herdeiras e Estrela Vermelha continúan dominando a liga e demostran a súa igualdade empatando tanto en puntos como en diferencia de tantos. As dezás foron quen de superar nesta xornada ás Irmandinhas nun partido de infarto no que pasaron máis apuros do esperado para conseguir a vitoria. Turonia tampouco llo puxo fácil a Estrela que finalmente sacou adiante un encontro moi disputado.

RESULTADOS FEMININO

  • Herdeiras 2-15 (21) vs Irmandinhas 2-12 (18)
  • Turonia 9-02 (29) vs Estrela Vermelha 7-15 (36)

RESULTADOS MASCULINO

  • Herdeiros 1-08 (11) vs Irmandinhos 4-14 (26)
  • Dorna 6-09 (27) vs Mecos 2-07 (13)
  • Braithreachas 5-05 (20) vs Auriense 5-08 (23)
  • Pontevedra 5-11 (26) vs Estrela Gaels 3-12 (21)
  • Turonia 0-08 (8) vs Estrela Vermelha 5-18 (33)

PRÓXIMA XORNADA (15-16 decembro)

Feminino

  • Auriense vs Herdeiras
  • Keltoi vs Fillas

Masculino

  • Auriense vs Herdeiros
  • Keltoi vs Fillos
  • Irmandinhos vs Pontevedra
  • Mecos vs Turonia
  • Dorna vs Braithreachas

Clasificación

Feminina

  1. Herdeiras de Dhais 8 ptos (+54)
  2. Estrela Vermelha 8 ptos (+54)
  3. Fillas de Breogán 4 ptos (+12)
  4. Auriense 2 ptos (-16)
  5. Keltoi 2 ptos (-53)
  6. Irmandinhas 0 pts (-18)
  7. Turonia 0 ptos (-33)

Masculina

  1. Irmandinhos 14 pts (+117)
  2. Estrela Vermelha 12 ptos (+166)
  3. Fillos de Breogán 10 ptos (+84)
  4. Auriense 10 ptos (+29)
  5. Herdeiros de Dhais 6 ptos (-18)
  6. Pontevedra 7 ptos (-34)
  7. Keltoi 6 ptos (+46)
  8. Mecos 6 ptos (-32)
  9. Ártabros 4 ptos (-52)
  10. Dorna 3 ptos (-94)
  11. Estrela Gaels 2 ptos (-22)
  12. Braithreachas 2 ptos (-44)
  13. Cambados 2 ptos (-71)
  14. Turonia 2 ptos (-75)

Crónicas

Herdeiras 2-15 (21) vs Irmandinhas 2-12 (18) [Fem.]

Herdeiros 1-08 (11) vs Irmandinhos 4-14 (26) [Masc.]

O derbi Deza-Tabeirós de futbol gaélico adiantouse ao festivo e deixounos
unha vitoria en Lalín, e outra na estrada.

Comezaron pasadas as 18.30 as Herdeiras e as Irmandiñas. O partido foi intensísimo e as herdeiras ata esta xornada líderes, non fixeron un bo partido e sufriron máis do esperado para doblegar as irmandiñas. Finalmente 2-15 (21) vs 2-12 (18). A primeira parte foi dominada polas lalinenses, cunha Naza espectacular que transformou a punto practicamente todo o que caeu nas súas botas. A vantaxe de mais de 8 puntos ao descanso facía presaxiar unha segunda parte cómoda para as herdeiras pero non foi así. As Iñas sairon mais fortes e colocadas, o que combinado coa empanada das lalinenses apretou o narcador ata poñerso só un punto por detrás. Finalmente as herdeiras anotaron foron quen de anotar a contra e ainda que sufrindo, aguantaron o marcador ata o final.

No partido masculino os Irmandiños demostraron a súa condición de lider e equipo favorito na liga dobrengando comodamente a un -non obstante- digno Herdeiros que novamente cargado de baixas importantes, plantou por momentos cara aos estrandenses e realizou un xogo aceptable. A diferenza mais clara manifestouse en ataque, onde os iños foron anotando a paos dende o principio sen errar apenas ningún disparo, mentres os de Lalín non transformaban a paos e erraban dúas ocasións clarísimas a gol. Isto fixo que ao descando a vantaxe dos iños fose xa de 8 puntos. Na segunda os estradenses saíron fortes e con dous goles seguidos ampliaron unha vantaxe que se foi mantendo ata rematar cun final 1-9 (12) vs 4- (15) 27.

Foto Faro de Vigo
Foto M.Souto

Dorna 6-09 (27) vs Mecos 2-07 (13) [Masc.]

Ás 18:30 do sábado, ambos equipos comezaron a quentar, para que as 19:00 o arbitro dera inicio a este encontro tan marcado pola rivalidade Carcamans-Mecos.

Mecos comezou adiantandose no marcador, con un tanto e varias accions ofensivas que non chegaron a materializarse. Rapidamente o Dorna reaccionou, adiantandose con varios tantos no marcador, e un continuo intercambio puxo un tanteo bastante parexo, pero a favor de Dorna o descanso.

Na segunda parte Mecos saiu con forza, estreando a portería do equipo local, pero unha rapida reacción e un bo xogo deronlle o Dorna aire e a brecha continuou abrindose ata o pitido final, dandolle o Dornseu primeiro triunfo ligueiro, na sua casa e ante a súa aficion.

Braithreachas 5-05 (20) vs Auriense 5-08 (23) [Masc.]

Derrota dos Braithreachas fronte o Auriense o pasado sábado pola mínima. Os estradenses colleitaron unha derrota no encontro correspondente á Xornada 8 da Liga Galega.

Partido moi competido o vivido no Manuel Regueiro o sábado pola tarde.
O Auriense, cun moi bo equipo sobre o terreo de xogo, comezou dominando o encontro, esperando os Braithreachas e penalizando os erros con rápidas contras. Mediado o primeiro tempo, o partido mudou, e volveuse nun intercambio de golpes moi entretido, no que non houbo un claro gañador, pero que grazas a eses primeiros minutos do Auriense, fixo que chegasen arriba ao descanso. Descanso: Braithreachas 9-12 Auriense.

Na segunda metade o peso do partido levárono os Braithreachas, pero Auriense soubo ler ben o partido, e penalizou con goles cada erro locatario.
Víronse grandes goles polas dúas bandas, con bonitas combinacións e un toma e daca continuo. Os estradenses chegaron a poñerse por riba no marcador; pero nos últimos minutos faltou esa sorte necesaria para levar o triunfo nun partido moi igualado.

Pontevedra 5-11 (26) vs Estrela Gaels 3-12 (21) [Masc.]

Partido de infarto o que se viviu o sábado pola tarde no campo da Xunqueira en Pontevedra. Logo de recibir unha contundente derrota contra o Estrela Vermelha, o Pontevedra saiu coa firme decisión de resarcirse contra o seu equipo filial, o Estrela Gaels.

Os locais comezaron lixeiramente mellor, pero pouco a pouco os composteláns fóronse metendo no partido. A primeira parte transcorreu con acertos e erros por ambas partes, ata acabar cun igualado 10-10. Na segunda metade os visitantes foron quenes de impor o seu ritmo nos primeiros minutos, cun parcial de 0-6 que daba certa tranquilidade no marcador. Sen embargo, unha serie de malas decisións no tramo final do encontro deu folgos a un Pontevedra volcado en ataque e que con dous goles consecutivos artellou a remontada, impóndose por un definitivo 26-21.

Turonia 0-08 (8) vs Estrela Vermelha 5-18 (33) [Masc.]

Turonia 9-02 (29) vs Estrela Vermelha 7-15 (36) [Fem.]

Ás 19 h do domingo déronse cita no campo de Chaín os conxuntos de Compostela e Val Miñor. O equipo visitante, claro favorito do encontro, viña xusto de efectivos, con apenas un só troco no seu banco. Isto permitiulle aos locais ofrecer maior resistencia da que agardaban os estreleiros. Chegouse ao descanso cunha vantaxe clara de Estrela Vermelha .sobre os turoniáns, grazas as dous goles conseguidos nos últimos minutos da primeira parte, pero non demasiado avultada. Da segunda parte, é difícil comentar algo. A néboa que entrou no campo da Gándara fixo que o partido fose practicamente imperceptíbel para o público. A vantaxe do Estrela foi progresivamente maior, sobre todo grazas ás anotacións a puntos. Xa cara ao final do encontro, dous goles case consecutivos sentenciaban o partido e deixaban o resultado final de 8-33.

Tras o encontro masculino, as mulleres dos conxuntos de Turonia e Estrela mediron as súas forzas. Foi un partido igualado, no que a facilidade na anotación dos puntos por parte das compostelás era contrarrestado cos goles conseguidos polo equipo de Turonia. Ao descanso o resultado era de 13-16 para as Estreleiras. Xa na segunda parte, o ritmo de xogo seguiu sendo moi alto, mais os erros defensivos do Turonia e o acerto no gol do Estrela Vermelha permitiulles levar os dous puntos da xornada. Resultado final 29-36.