O fútbol gaélico entra na Asamblea Xeral da FGF

Na tarde do pasado luns 3 de decembro tivo lugar a Asamblea Extraordinaria de decembro 2018, na delegación de Compostea da Federación Galega de Fútbol situada en San Lázaro. O principal acontecemento foi a constitución da Asamblea Xeral de dita entidade para o periodo 2018-2022.

En clave gaélica, a novidade máis importante foi a nosa inclusión como asambleista na devantida Asamblea., co cal o fútbol gaélico galego terá voz e voto nas decisións que se tomen no seo da Federación.

Posteriormente procedeuse á reelección de Rafael Louzán como presidente da FGF, feito que queremos parabenizar e agardamos seguir avanzando na nosa excelente relación con dita entidade.

Un pasiño máis para o Gaélico Galego no recoñecemento do gran traballo colectivo que realizamos día a día entre tod@s!