Crónica xornada 07: O fútbol gaélico galego unido contra a violencia machista

A Liga Galega de Fútbol Gaélico chega á súa sétima xornada coincidindo co 25N, o Día Internacional da Loita Contra a Violencia de Xénero. Esta data marcou cada partido disputado, onde os equipos aproveitaron para lucir pancartas en contra desta lacra social e a favor da igualdade.

No eido deportivo, a liga feminina segue liderada por Herdeiras e Estrela, a pesar de descansar nesta xornada.Fillas, impúxose a Auriense como local e conserva terceira praza. Así mesmo, Keltoi suma os primeiros puntos e escala posicións tras doblegar ás Irmandinhas nun partido moi apretado.

No cadro masculino, Irmandinhos, Estrela Vermelha e Fillos saldaron con vitorias folgadas os seus compromisos desta fin de semana e dan mostra do seu potencial. Os de A Estrada venceron sen apuros a Keltoi, os composteláns fixeron o mesmo contra Pontevedra e os herculinos tampouco pasaron apuros contra Auriense. Polo demais, Mecos foi capaz de superar a Ártabros nun duelo moi igualado e Cambados acadou a primeira vitoria en liga a costa de Estrela Gaels.

RESULTADOS FEMININO

  • Irmandinhas 0-07 (7) vs Keltoi 1-06 (9)
  • Fillas 4-16 (28) vs Auriense 0-17 (17)

RESULTADOS MASCULINO

  • Irmandinhos 2-14 (20) vs Keltoi 0-05 (5)
  • Fillos 6-13 (31) vs Auriense 0-04 (4)
  • Mecos 2-18 (24) vs Ártabros 3-09 (18)
  • Estrela Gaels 1-11 (14) vs Cambados 6-05 (23)
  • Estrela Vermelha 5-20 (35) vs Pontevedra 0-02 (2)

PRÓXIMA XORNADA (08-09 decembro)

Feminino

  • Herdeiras vs Irmandinhas
  • Turonia vs Estrela Vermelha

Masculino

  • Herdeiros vs Irmandinhos
  • Turonia vs Estrela Vermelha
  • Braithreachas vs Auriense
  • Pontevedra vs Estrela Gaels
  • Dorna vs Mecos

 

Clasificación

Feminina

  1. Herdeiras de Dhais 6 ptos (+51)
  2. Estrela Vermelha 6 ptos (+47)
  3. Fillas de Breogán 4 ptos (+12)
  4. Auriense 2 ptos (-16)
  5. Keltoi 2 ptos (-52)
  6. Irmandinhas 0 pts (-15)
  7. Turonia 0 ptos (-26)

Masculina

  1. Irmandinhos 12 pts (+102)
  2. Estrela Vermelha 10 ptos (+141)
  3. Fillos de Breogán 10 ptos (+84)
  4. Auriense 8 ptos (+26)
  5. Herdeiros de Dhais 6 ptos (-3)
  6. Keltoi 6 ptos (+61)
  7. Mecos 6 ptos (-18)
  8. Pontevedra 5 ptos (-39)
  9. Ártabros 3 ptos (-52)
  10. Estrela Gaels 2 ptos (-17)
  11. Braithreachas 2 ptos (-41)
  12. Turonia 2 ptos (-50)
  13. Cambados 2 ptos (-71)
  14. Dorna 1 pto (-108)

Crónicas

Irmandinhas 0-07 (7) vs Keltoi 1-06 (9) [Fem.]

Irmandinhos 2-14 (20) vs Keltoi 0-05 (5) [Masc.]

No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres; tamén nos unimos á loita contra esta lacra que persegue á nosa sociedade. Na noite de onte, desputáronse os encontros da liga galega de fútbol gaélico, masculino e feminino, contra as rapazas e rapaces de Keltoi.

Comezaron as rapazas pasadas as 8 da tarde, en pleno diluvio, con vento e campo encharcadísimo. O partido saiu moi trabado…costaba facer xogadas, finalizar… e sobre todo ter acerto. As defensas impoñéronse e o tempo fixo encher o encontro de pequenas imprecisións, nun campo impracticable. Con todo, a primeira metade rematou cun 0-06(6)/1-03(6), que deixaba todo aberto para o segundo tempo.
Na segunda, as rapazas de Inhas intentárono todo, pero non acompañou a sorte nin o acerto nos 25 minutos. As viguesas souberon aproveitar eses erros, e leváronse o encontró no tramo final, por unha diferenza de 2 tantos. Irmandinhas 0-07(7)/1-06(9) Keltoi.

O partido masculino foi un duro encontro para os Inhos, como era de esperar vendo os resultados do Keltoi! Comezaron dominando os da Estrada que nos primeiros minutos colleron 5 puntos de vantaxe, pero Keltoi seguiu remando e cunha defensa moi ben organizada, baixou a efectividade dos locais. O resultado ao descanso, 9-3 para os estradenses, deixaba o partido aberto para o segundo tempo.
Na segunda metade o encontro trabouse por momentos, con fricción e contacto propio do gaélico, sen cambiar a dinámica do encontro. Aínda así, os Inhos a base de remar, foron quenes de ampliar a vantaxe, pero en ningún momento foron quenes de despregar o seu xogo. Irmandinhos 2-14(20)/0-05 Keltoi Vigo.

 

Fillos 6-13 (31) vs Auriense 0-04 (4) [Masc.]

Fillas 4-16 (28) vs Auriense 0-17 (17) [Fem.]

Cun partido marcado polas inclemenzas climáticas, fillos soubo socar músculo logo dunha apertada primeira parte na que os dous equipos estiveron á par no marcador e na que só os Breoganeiros foron quenes de se despegar no marcador nos últimos cinco minutos poñendose 7-3. Ao comezo da segunda parte Fillos fíxose dono do medio campo, e cunha defensa impecable, só recibiu un punto nesta segunda parte, foi quen de facerse dono do partido e levar unha victoria abultada pero queno campo foi moi traballada.

Fillas consigue romper a resistencia de Auriense.

Viuse na Torre un partido igualado, no que Fillas conseguiu dominar a primeira parte para ir ao descanso cunha ventaxa de 7puntos. Pero Auriense soubo refacerse e chegar a poñerse a un punto das breoganeiras que se viron obrigadas a empregarse atope para poder sacar o partido adiante.cousa que conseguiron aplicando un ritmo máis forte cara os últimos 10 minutos e así acadar romper o partido e levalo ao seu proveito. Destacar invativilidade da porteira Breoganeira, Kamy leva os tres partidos que van de liga sen recibir un gol en contra.

 

Mecos 2-18 (24) vs Ártabros 3-09 (18) [Masc.]

O encontró comezou con dominio da escuadra local, que punto a punto se foi facendo co marcador con grandes actuacións de cara o marcador de Dani Costas (1 gol e 11 tantos) e Mario Iglesias (5 tantos) e una boa labor defensiva de Rubén Pérez “Rubio” e “Kike” Cameselle, o equipo visitante respostaba con xogadas protagonizadas principalmente por Juan Fariñas (2 goles e 2 puntos) e Eamonn Levin (6 puntos), ambos equipos se beneficiaron de erros producidos polo estado do terreo de xogo con goles en ambas porterias. Ao descanso o resultado reflexaba o visto sobre o terreo cun 2-12 / 2-03 para o equipo arousán.

Tras o descanso o equipo visitante recompúxose, e a falta de orde local permitiulles achegarse no marcador, aínda que sen chegar a meterse ao 100% no partido deixando o Marcador final en Mecos 2-18 Ártabros 3-09.

 

Estrela Gaels 1-11 (14) vs Cambados 6-05 (23) [Masc.]

Estrela Vermelha 5-20 (35) vs Pontevedra 0-02 (2) [Masc.]

Dous grandes partidos na capital galega para pechar a xornada de gaélico neste domingo onde se vían as caras as dúas equipas masculinas de Compostela e os combinados de Pontevedra e Cambados. Comezou a tarde co encontro entre o Estrela Vermelha e o Pontevedra FG cun nivel un pouco descompensadoen favor do combinado local. A primeira parte rematou cun contundente 16-0 no marcador. Xa na segunda parte o partido seguiu a mesma dinámica do primeiro tempo aínda que o Estrela quitou o pé do acelerador. Este monólogo local foi contestado con dous tiros a paus dos visitantes e, finalmente o resultado foi de Estrela Vermelha 5-20 (35) / 0-2 (2) Pontevedra.

Pola súa parte, o outro encontro enfrontaba a dous rivais directos e servía en ambos casos para comprobar cales son as sensacións das dúas equipas: Estrela Gaels e Cambados. O comezo foi terrible para os locais, que comezaron encaixando varios goles grazas a un gran atino dos cambadeses. O resultado ao descanso era un desigual 4-18. Logo do descanso, os Gaels tentaron recortar distancias cunha presión moi alta e actuacións individuais. Porén, os visitantes tiraron de veteranía e tentaron parar o xogo todo o posible. A inchada local desfrutou da capacidade de reacción dos seus que, cun gol de Matías Montenegro “Matigol”, volvían meterse no partido. Mais a experiencia do combinado cambadés rematou levando a vitoria ao Salnés. Partido positivo para ambos equipos, posto que no conxunto local debutaron xa máis de 15 xogadores e primeira vitoria para o Cambados Gaélico. Resultado final Estrela Gaels 1-11(14)/ 6-5 (23) Cambados.