Crónica xornada 02: Irmandinhos novo líder da competición tras imporse claramente na casa a Dorna

Disputada a segunda xornada da Liga Galega masculina de fútbol gaélico, Imandinhos A estrada, o actual campión, colócase á cabeza da competición tras superar claramente na casa a Dorna. Empatados a puntos e sumando os seus partidos por vitorias, seguen na táboa Estrela, que venceu ao filial estradense, Fillos de Breogán, que se impuxo a Cambado e Auriense, que lle gañou a Mecos. Ártabros derrotou a Herdeiros e suma os seus primeiros puntos, mentres que o duelo entre Turonia e Estrela Gaels, dous equipos debutantes este ano, se saldou cunha axustada vitoria a domicilio para os composteláns.

RESULTADOS

  • Turonia 4-12 (24) Estrela Gaels 5-12 (27)
  • Ártabros 4-15 (27) Herdeiros 2-11 (17)
  • Irmandinhos 15-17 (62) Dorna 1-04 (7)
  • Cambados 1-10 (13) Fillos 5-13 (28)
  • Auriense 5-14 (29) Mecos 2-13 (19)
  • Estrela Vermelha 6-21 (39) Braithreachas 0-05 (5)

PRÓXIMA XORNADA (20-21 outubro)

  • Herdeiros vs Mecos (Lalín)
  • Auriense vs Cambados (Ourense)
  • Dorna vs Keltoi (Illa de Arousa)
  • Pontevedra vs Ártabros (Pontevedra)
  • Braithreachas vs Irmandinhos (A Estrada) – APRAZADO
  • Estrela Gaels vs Estrela Vermelha (Compostela) – APRAZADO

Clasificación

  1. Irmandinhos 4 pts (+64)
  2. Estrela Vermelha 4 ptos (+57)
  3. Fillos de Breogán 4 ptos (+28)
  4. Auriense 4 ptos (+16)
  5. Keltoi 2 ptos (+35)
  6. Ártabros 2 ptos (+4)
  7. Estrela Gaels 2 ptos (+3)
  8. Turonia 0 ptos (-3)
  9. Herdeiros de Dhais 0 ptos (-10)
  10. Pontevedra 0 ptos (-13)
  11. Mecos 0 ptos (-19)
  12. Braithreachas 0 ptos (-34)
  13. Cambados 0 ptos (-50)
  14. Dorna 0 ptos (-78)

Crónicas

Turonia 4-12 (24) Estrela G 5-12 (27)

Estrea dos dous novos equipos da liga no campo da Gándara, en Gondomar.

Comezou levando a iniciativa o equipo local, con maior número de cambios que o equipo compostelán. Con todo, foi un partido moi igualado, chegando ao descanso cun marcador de 10-10. Na segunda parte, o desgaste físico do Estrela Gaels permitiulle ao Turonia distanciarse até en 7 puntos. Mantívose por diante o Turonia ate os últimos minutos do encontro, mais a ansia do equipo local e a veteranía dalgúns dos xogadores estreleiros fixo que se encadeasen unha serie de erros defensivos por parte do Turonia que o Estrela Gaels soubo aproveitar para levarse a victoria.

Ártabros 4-15 (27) Herdeiros 2-11 (17)

Primeira victoria da tempada para Ártabros de Oleiros grazas á demostración de compañeirismo do conxunto oleirán. Tras un primeiro tempo folgado, a gran labor da defensa dos do Deza e a remontada posterior, fixo peligrar o segundo tempo. Finalmente Ártabros impúxose con un resultado de 27-17, destacando a gran parada do gardameta no primeiro tempo, o tándem defensivo, os goles de Fariñas e particularmente as anotacións punto a punto do irlandés Eamon.

Irmandinhos 15-17 (62) Dorna 1-04 (7)

Primeiro partido coma locais dos Irmandinhos, que recuperaban efectivos nesta xornada. O encontro tivo un claro dominio estradense, aínda que no arranque o Dorna estivo máis metido, e foi quen de poñerse con vantaxe de 4 puntos nos primeiros 10 minutos. Logo de un par de boas xogadas dos Inhos, déronlle a volta o encontro e foron quenes de dominar o resto do encontro, cun gran acerto a portería o que supuxo o definitivo marcador abultado.

Cambados 1-10 (13) Fillos 5-13 (28)

Partido disputado o que se viviu no Pombal este sábado. O Cambados enfrountouse ós Fillos de Breogán, un dos equipos que pelexará polo título esta tempada.

A primeira parte estivo marcada polos erros defensivos do equipo local. O equipo coruñés aproveitouse da falta de concentración ca que sairon os locais,o que lle permitiu irse ó descanso cun marcador favorable de 4 – 17. Á volta do descanso, o Cambados sen nada que perder, saiu máis centrado e eso reflexouse no xogo. Fillos comezou a sufrir as embestidas locais sen perder o ritmo, o que permitiu que os espectadores viviran un intercambio de goles e tantos en ambas porterias. A pesar de tódos esforzos do Cambados, os visitantes acadaron a victoria cun marcador final de 13-28.

Auriense 5-14 (29) Mecos 2-13 (19)

Partido igualado o disputado no campo de Ourense, entre Mecos e Auriense, que daba comezo con puntualidade ás 14:30 cun sol espléndido. Os primeiros 20 minutos da primeira metade estiveron marcados polo dominio auriensán no marcador, con acerto por porta e a paus, mais no último tramo deste primeiro acto os do Grove acurtaron distancias, cun fenomenal acerto a paos e asegurando as faltas sempre con punto. Deste xeito a igualdade no tempo de lecer era máxima, 11-11 e toda unha emocionante segunda metade por diante. O segundo tempo non cambiou a dinámica, mais o Auriense, de novo con gran acerto nos tres paus, sentenciou o choque.

A segunda metade comezou con ritmo baixo por parte de ambas equipas. A medida que avanzaban os minutos o Auriense abría paso no marcado ata atoparse por riba dos 10 tantos. A distancia mantívose ata o final, cun resultado final de 29 a 19.

Estrela Vermelha 6-21 (39) Braithreachas 0-05 (5)

A Liga Galega 2018/19 arrancou en Compostela este domingo como partido que pechaba a segunda xornada. No campo enfrontábanse os locais, o Estrela Vermelha de Compostela e os Braithreachas da Estrada. Xa desde o inicio o encontro inclinouse claramente cara o equipo local que, a pesar da lesión dun dos seus xogadores, tirou de veteranía para encarrilar o partido desde os primeiros compases. Non foi o partido máis dinámico da xornada, mais si que houbo mostra do bo atino a paus por ambos conxuntos. O resultado final foi de 6-21 (39) a 0-05 (5) a favor do equipo compostelán.

Non haberá gaélico na capital galega até dentro dunhas semanas, posto que no seguinte fin de semana hai descanso e o posterior coincide co torneo internacional de Maastricht ao que acudirán Irmandinhos da Estrada e o propio Estrela Vermelha tanto en categoría masculina como feminina.