Asamblea de clubes: ultimando a tempada 2018/19

No día de onte tivo lugar, a partir das 16h, unha Asamblea Extraordinaria para acaar de definir a tempada 2018/19. Entre os temas tratados estiveron, como no, a confección definitiva dos equipos a competir e do calendario 2018/19, así como outros temas importantes como o programa xuvenil ou a Convención de Gaelic Games Europe que se celebrará en novembro.

Pola mañán, o Comité Galego de Fútbol Gaélico reuniuse para preparar varios temas da Asamblea e analizar outras cuestión da actualidade gaélica.

Ambos encontros tiveron lugar nas instalacións da Federación Galega de Fútbol no Estadio de San Lázaro, en Compostela.

O día 15 de setembro está previsto en Compostela un pequeno evento de presentación da Liga 2018/19.