EuroGames 2018: Entrevista a Laura Paz

Achégase o Europeo de Fútbol Gaélico que se vai disputar en Lorient (Bretaña) os próximos 11 e 12 de agosto. A un mes para o evento das nosas seleccións, os nosos equipos apuran a súa preparación.

Comezamos unha pequena serie de entrevistas cunha dos grandes pilares da selección feminina, Laura Paz, capitana do equipo e unha das poucas rapazas con dous mundiais disputados (Abu Dhabi 2015 e Dublín 2016), e que xogará este Europeo de Lorient 2018.

Boas Laura, un ano máis na selección Galega de futbol gaélico, xa van máis de 3 anos do teu debut, no mundial de Abu Dhabi ; como ves a evolución da selección nestes anos?

Laura: A selección evolucionou moi positivamente, o nivel xeral das xogadoras é mellor ao igual que o nivel da liga galega. Penso que a mellora da selección é consecuencia do aumento do nivel competitivo dos clubes galegos.

Campionato Europeo de fútbol gaélico en Agosto, como está sendo a preparación do equipo para este primeiro europeo?

L: A preparación do equipo está sendo moi intensa, cunha alta carga física nesta primeira parte. A destacar o compromiso das xogadoras seleccionadas en tódolos adestramentos, así como doutras moitas xogadoras que veñen a axudar.

Gústache o formato 9vs9 dos Europeos/Mundiais? En que se ve afectado o teu xogo nese sistema?

L: Encántame o formato de 9×9, é gaélico de verdade. O formato 7×7 da competición galega limita a evolución das xogadoras. No meu caso creo que me favorece xogar en campo grande porque podo aproveitarme dos maiores espazos para xogar e velocidade.

Dinos o teu pronóstico para o Europeo!

L: É complicado un pronóstico realista porque non coñecemos a varios equipos, sen embargo, se teño que facer un pronóstico apostaría por unha final Francia/ Galicia.

Moitísimas gracias Laura e moita sorte no campionato!