Formando a formadores

Tres dos nosos adestradores acuden este fin de semana ao inicio dun curso de formación para adestradores de nivel Foundation (nivel básico).

Alexandre Sanmartín “Jano”, Pablo da Silva e Alberto Méndez, todos eles parte do corpo técnico da seleción galega, acudiron a Dublín á primeira sesión dun curso que se prolongará durante catro fins de semana ata maio, quedando certificados como formadores do nivel Foundation. Isto permitirá á Asociación Galega ser autónoma na formación de novos adestradores, o que dende logo suporá un gran salto adiante para o gaélico galego.

As sesións serán dirixidas por Colm Clear e Gerard O’Connor, presentes no pasado curso de adestradores celebrado en Marrozos o maio pasado.