Novo calendario e arranque da Liga

Aínda que a competición xa dera comezo o pasado 23 de setembro con 3 encontros, a Liga Galega 2017/18 arrincou definitivamente este fin de semana, cun total de 9 encontros entre partidos masculinos e femininos.

As baixas de última hora dalgúns equipos (Braithreachas no cadro feminino máis Mecos e Pontevedra no masculino) obrigaron a reformular o calendario para esta tempada de cara a facer a competición o máis atractiva para os afeccionados e, sobre todo, para os propios clubes e xogadores. A competición feminina mantén o seu formato de “liga clásica” (liga completa a ida e volta) cun total de 8 equipos, mentres que a masculina, con 11 equipos, pasa a ter un formato semellante ao da liga feminina 2016/17. Xogarase unha primeira volta todos contra todos e, unha vez rematada, dividirase a competición en 2. Os 6 primeiros equipos xogará unha segunda volta polo título A (senior), mentres que os 5 restantes farán o propio polo título B (intermediate).

Podes consultar o calendario completo da primera volta nesta páxina.

Os resultados destas dúas primeiras xornadas de xogo foron:

Xornada 1

  • Liga feminina
    • Fillas de Breogán (47) / (14) Ártabras
  • Liga masculina
    • Fillos de Breogán 16-11 (59) / 1-04 (7) Ártabros
    • Braithreachas 1-03 (6) / 7-19 (40) Irmandinhos

Xornada 2

  • Liga feminina
    • Irmandinhas 4-13 (25) / 5-12 (27) Artabras
    • Fillas de Breogán 13-27 (66) / 0-05 (5) Keltoi
    • Auriense 5-11 (26) / 6-08 (26) Herdeiras de Dhais
    • Estrela Vermelha 9-22 (49) / 7-14 (35) Pontevedra
  • Liga masculina
    • Terras do Eume 3-04 (13) / 7-25 (46) Dorna
    • Irmandinhos 2-19 (25) / 0-14 (14) Artabros
    • Fillos de Breogán 7-13 (34) / 1-03 (6) Keltoi
    • Auriense 3-17 (26) / 6-23 (41) Herdeiros de Dhais
    • Estrela Vermelha 6-16 (34) / 1-03 (6) Cambados