Galicia-Francia: Entrevista ao corpo técnico francés

Agora que xa coñecemos a opinión dos nosos internacionais… que pensan os rivais de nos?? Temos unhas palabras con Grégoire Bertolino (seleccionador feminino).

 

Que equipo e clase de partido esperades atoparvos en Ourense?

 

Grégoire: Aínda que este partido sexa amigable, sabemos canta importancia ten para cada uno dos actores. Creo que vai a ser un partido difícil para nós, especialmente co alento da aficción galega, pero confío nas capacidades das miñas xogadoras.

 

Como foi a preparación do equipo e xogador@s? Similar á do pasado mundial?

 

Grégoire: A selección femenina está composta por xogadoras que veñen de varios clubes, con grandes distancias entre eles. A preparación só se pode facer con sesións nas cales se xuntan todas as xogadoras de Francia. Eu non tiven a sorte de estar neste posto durante o derradeiro Mundial, sen embargo, o gran traballo feito nese momento polo ex-seleccionador Jean-Philippe Meunier, e os adestramentos que cada xogadora fai co seu clube permitiron atopar un grupo con moi boas bases técnicas. Dende o Mundial en Dublín, xuntámonos dúas veces para adestramentos intesivos de dúas xornadas. Isto permitiunos traballar aspectos tácticos e técnicos, pero partidos como o deste sábado son básicos para a nosa preparación para o vindeiro mundial. Ao xogar contra unhas das mellores xogadoras do mundo, nós tamén melloramos.

 

Cómo crees que se vai desenvolver o partido? Cal é a túa idea para facer dano ao equipo galego?

 

Grégoire: Comentáronme que o equipo galego é moi sólido, con boa defensa e boa capacidade ofensiva. E tamén que a aficción galega anima e transmite unha enerxía que transforma ao equipo! Como dixen, será un partido difícil, pero dispoño de xogadoras de excepción, e moitos talentos que, ogallá, nos permittan gañar. Teño algunhas ideas tácticas, pero non vou divulgalo todo! (risas) Digamos que, para gañar o partido, teremos que ser sólidas en defensa, conquistadoras no mediocampo e eficientes adiante. Xa o sei, nada novo (risas).

 

A raíz da anécdota de Enda Kenny en Galicia levamos un par de meses un pouco locos. Como é a vida pública do fútbol gaélico en Francia? Tedes algunha anécdota parecida?

 

Grégoire: Aínda que teñamos máis de 800 licencias e uns 25 clubes activos, un campionato masculino e femenino, este deporte non ten moita exposición en Francia. A Federación Francesa tenta promocionar moito o fútbol gaélico, pero polo de agora seguimos sendo un deporte moi confidencial. O ano 2017 pode marcar un cambio, con este partido internacional (que podrerán seguir os aficionados franceses na web de www.crtvg.es), ca Massilia Cup (torneo amistoso europeo en Marsella durante as festividades da capital europea de deportes), e con eventos como o acercamento entre o ASM (club de rugby de Clermont Ferrand) e o clube de futbol gaélico de Clermont, con motivo da “fichaxe” de Michael Murphy (gran xogador de futbol gaélico de Donegal) para o programa irlandés “The Toughest Trade”. Todos estes eventos poden mellorar a nosa visibilidade. E quen sabe, para a próxima visita a Francia do “Taoiseach” (Primeiro Ministro irlandés), ogallá terá unha camiseta francesa para ofrecer!

 

Como vedes o futuro do fútbol gaélico europeo e mundial? Cales serían os seguintes pasos a dar para o seu desenvolvemento internacional?

 

Grégoire: Unha pregunta bastante difícil. Creo que algo está pasando. A gran mayoría dos xogadores nos clubes europeos (fóra de Irlanda) son nativos. Este deporte, que ata o de agora era algo cultural para a comunidade irlandesa, agora os franceses, italianos, galegos… todos estamos a apropiarnos del. A próxima etapa será participar na vida administrativa de Gaelic Games Europe, axudar ás personas que fan un traballo tremendo, e para amosar a todos que amamos este deporte, e que queremos participar máis no seu desenvolvemento.

 

Alguna canción, comida o “manía” antes de un partido?

 

Grégoire: Nada particular para o equipo, pero eu prepararime un mate e terei unha bandeira arxentina escondida nalgures! Dixérnome que os arxentinos tiveron bos resultados contra Galicia no pasado, así que… (risas).

 

Recomendáis la asistencia al partido? Por qué?

 

Grégoire: Claro que sí! Porque é máis que un partido. É un evento no cal cada actor no campo e fóra do campo estará representando ao seu país. A emoción, a tensión e o apoio do público estarán ao máximo, especialmente entre dous equipos que remataron os seus partidos no pasado mundial con un punto de diferencia! Non hai outra, hai que vir para poder dicir “eu estaba alí”.